Monday 20 de May de 2024

Miñones contrapón “o compromiso con Galicia do Goberno de Pedro Sánchez co retroceso e o discurso trumpista de Feijoó”


–“Síntome moi orgulloso das políticas que sacamos adiante os socialistas nos últimos cinco anos”, asegura o candidato número 1 ao Congreso pola Coruña

–O candidato número 1 ao Senado, Xosé Sánchez Bugallo, destaca tamén o carácter progresista deste goberno” e considera estas eleccións “as máis importantes desde 1982”

–“O 23 de xullo imos elixir entre os dereitos dos traballadores, dos pensionistas e das minorías, representados no Partido Socialista, e os dereitos dos que máis teñen”, afirma Bernardo Fernández

José Miñones, candidato socialista número 1 ao Congreso pola Coruña, contrapuxo esta tarde en Santiago “os 34.000 millóns de euros de investimentos e o compromiso con Galicia do goberno de Pedro Sánchez, co modelo que representa a nada, o retroceso, a derrogación e o discurso trumpista de Alberto Núñez Feijóo”.
Miñones pechou o acto de presentación das candidaturas ao Congreso e Senado do PSdeG pola provincia da Coruña que se celebrou na Alameda de Santiago de Compostela.
“Síntome moi orgulloso das políticas que sacamos adiante os socialistas nos últimos cinco anos, de todos os concelleiros, alcaldes o membros do noso partido que están aí cada día pensando só na veciñanza”, asegurou.
Miñones reivindicou que o goberno de Pedro Sánchez “transformou España, pasando da España corrupta do Partido Popular a que non se fale agora da corrupción”, e no caso de Galicia “desbloqueou proxectos históricos que estaban nos caixóns e que son moi importantes para a cidadanía”.
O candidato número 1 ao Senado, Xosé Sánchez Bugallo, incidiu tamén no “carácter progresista deste goberno” e considera estas eleccións “as máis importantes desde 1982”, polo que apelou “á mobilización do voto de esquerdas para evitar un goberno da dereita e da extrema dereita”.
Pola súa parte, o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández, dixo que “o 23 de xullo imos elixir entre os dereitos dos traballadores, dos pensionistas e das minorías, representados no Partido Socialista, e os dereitos dos que máis teñen”.
Fernández puxo en valor que tanto Bugallo como Miñones “proceden do municipalismo, o cal é sempre unha garantía de que coñecen a sociedade dende abaixo”.